Iniciativa de Partidos Comunistas e Obreiros

Iniciativa de Partidos Comunistas e Obreiros
Historia
Fundación2013
Posicións políticas
IdeoloxíaComunismo, Marxismo-leninismo, Euroescepticismo, Anticapitalismo, Internacionalismo
Posición políticaEsquerda revolucionaria
Outros datos
Na rede
http://www.initiative-cwpe.org/
1 Como iniciativa do Partido Comunista de Grecia (KKE)

A Iniciativa de Partidos Comunistas e Obreiros, ou simplemente Iniciativa, é unha internacional leninista europea. A Iniciativa ten 29 partidos membros de toda Europa. O Partido Comunista de Grecia (KKE) é o principal fundador da Iniciativa.

Foi creada o 1 de outubro de 2013 e na reunión fundacional elixiuse que os membros do seu Secretariado serían o Partido Comunista de Eslovaquia, o Partido Comunista dos Pobos de España, o Partido Comunista de Grecia, o Partido Obreiro Húngaro, o Partido dos Traballadores de Irlanda, o Partido Comunista en Italia, o Partido Socialista de Letonia, o Partido Comunista de Suecia e o Partido Comunista de Turquía.[1]

O obxectivo da Iniciativa é "contribuír á investigación e o estudo de asuntos relativos a Europa, particularmente relativos á UE, a liña política que se establece no seu marco e ten impacto nas vidas dos traballadores, así como axudar á elaboración de posicións conxuntas dos partidos e a coordinación da súa solidariedade e outras iniciativas".[2]

  1. "Nace la Iniciativa de Partidos Comunistas y Obreros de Europa" (en castelán). 2 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2014. Consultado o 10 de xuño de 2019. 
  2. "Declaración de fundación da Iniciativa". www.initiative-cwpe.org (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2019. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search